top of page

Arzúa mellora o Roteiro da Fervenza das Hortas cunha actuación integral de roza e limpeza

Impulsada pola Concellería de Turismo, abrangueu o percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das Hortas e terá continuidade co acondicionamento do mobiliario urbano


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Turismo, vén de finalizar os traballos de roza, limpeza e acondicionamento do Roteiro da Fervenza das Hortas, unha actuación dirixida a mellorar o estado de conservación, a seguridade e o desfrute dun dos enclaves naturais máis destacados do municipio.


Os traballos desenvolvéronse ao longo do percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das

Hortas e incluíron labores de roza e limpeza da vexetación, poda, retirada de restos acumulados na traza do roteiro e actuacións de mellora na baixada á fervenza, coa reposición de varandas e a drenaxe e canalización das augas para evitar o deterioro das

escaleiras de acceso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A Fervenza das Hortas é un dos enclaves naturais máis emblemáticos de Arzúa, un espazo que destaca pola súa riqueza paisaxística e ambiental e que constitúe un importante atractivo tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan o municipio. O seu coidado e mantemento contribúen a preservar este patrimonio natural e a ofrecer un percorrido seguro e agradable ao longo de todo o ano.


Esta actuación terá continuidade nos vindeiros meses co acondicionamento do mobiliario

urbano existente ao longo do roteiro, co obxectivo de seguir mellorando este espazo e a

experiencia de todas as persoas que o percorren. A concelleira de Turismo, Begoña Balado, explicou que "actuacións como esta son fundamentais para conservar o noso patrimonio natural e garantir que tanto a veciñanza como as persoas que visitan Arzúa poidan desfrutar destes espazos nas mellores condicións durante todo o ano".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Balado engadiu que "esta actuación terá continuidade co acondicionamento do mobiliario

urbano, unha mellora que contribuirá a facer o roteiro máis cómodo, accesible e agradable

para todas as persoas que o percorren".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page