top of page

Arzúa leva o saneamento a Outeiro cun investimento de preto de 185.000 euros

25 sept
1 min de lectura

A actuación permitirá prolongar a rede municipal ata o núcleo con 1.275 metros de canalización, 24 acometidas e unha nova estación depuradora


Laura Moure/Arzúa

O proxecto para levar o saneamento ao núcleo de Outeiro (Boente) xa ten adxudicadas as obras. O Concello de Arzúa destinará 184.713,99 euros a unha actuación que permitirá facer chegar a rede municipal ata esta zona e dotala dun sistema propio para o tratamento das augas residuais.

Para conseguilo instalaranse 1.275 metros de novas canalizacións, con 42 pozos de rexistro e 24 acometidas. A nova rede dará continuidade á existente e percorrerá o núcleo ata conducir as augas residuais á estación depuradora prevista no proxecto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Boa parte da obra realizarase mediante a apertura de gabias para instalar as tubaxes. Nos puntos nos que sexa necesario levantar o firme, este será reposto ao rematar os traballos. Nun treito de 50 metros dentro do núcleo empregarase unha perforación horizontal, que permitirá colocar a canalización sen abrir unha gabia.


Ao final da rede construirase unha nova estación depuradora, preparada para unha carga equivalente a 40 habitantes. A actuación inclúe tamén o acondicionamento da parcela na que se situará, coa construción de muros de pedra, peche perimetral e plantación de vexetación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A obra está incluída no POS da Deputación da Coruña e permitirá completar no propio núcleo todo o proceso de recollida e tratamento das augas residuais.


Con esta actuación, o Concello continúa co seu compromiso de ampliar a rede de saneamento e facer chegar este servizo básico ás zonas do rural que aínda non dispoñen del.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page