Arzúa inicia as obras de ampliación do saneamento en Castañeda cun investimento de 93.358 euros
- Laura Moure

- 5 ago
- 1 min de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa iniciou as obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Castañeda, unha actuación incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ 2025) e que conta cun investimento de 93.358,02 euros.

A intervención permitirá ampliar a rede de saneamento mediante a instalación de novas canalizacións e pozos de rexistro, co obxectivo de mellorar a recollida e condución das augas residuais na zona.
PUBLICIDADE
O proxecto inclúe tamén actuacións para reforzar a drenaxe das augas pluviais, coa instalación de novas canalizacións e arquetas, así como a mellora dun treito do viario mediante a renovación do firme.
PUBLICIDADE
Ademais, executaranse traballos de limpeza e acondicionamento das gabias para favorecer a drenaxe lonxitudinal e transversal da vía, completarase a sinalización horizontal e instalarase nova sinalización vertical.
PUBLICIDADE
Esta actuación forma parte dos investimentos destinados á mellora das infraestruturas e dos servizos municipais nas parroquias do rural, contribuíndo a modernizar a rede de saneamento e a mellorar as condicións do viario.
PUBLICIDADE
O Concello de Arzúa continuará informando da evolución desta e doutras obras que se están a executar no municipio para manter a veciñanza ao día do seu desenvolvemento.










Comentarios