top of page

Arzúa inaugura unha escultura de homenaxe a Castelao e acolle unha conferencia sobre el

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa celebrará este martes, 18 de novembro, dous actos enmarcados na programación municipal do Ano Castelao.

ree

20:00 h | Inauguración da escultura


Inaugurarase a escultura de homenaxe a Afonso Daniel Rodríguez Castelao, situada preto da Casa de Correos. O Concello conmemora así ao intelectual no 75 cabodano do seu pasamento, incorporando ao espazo público unha peza que lembra a súa relevancia histórica, cultural e social.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

20:30 h | Conferencia “Castelao e Arzúa”


A continuación, na Casa de Correos, terá lugar a conferencia “Castelao e Arzúa”, impartida por Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao, quen afondará nos vínculos do autor co municipio e na presenza da súa obra no contexto galego.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A concelleira de Normalización Lingüística, Lucía López, destacou que “con estes actos queremos achegar a figura de Castelao á veciñanza, poñendo en valor a súa relación co noso concello e a vixencia dunha obra que continúa sendo unha referencia fundamental para entender a historia e a cultura galega”. A programación do Ano Castelao continuará nas próximas semanas con novas actividades.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page