top of page

Arzúa impulsa o comercio e a hostalaría cunha nova edición do Día do Comercio Local

Celebrarase entre o 6 e o 8 de decembro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana, que dirixe Begoña Balado, vén de anunciar unha nova edición do Día do Comercio Local, que se celebrará entre o 6 e o 8 de decembro.

ree

A iniciativa, que cumpre xa a súa 13ª edición, nace co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalaría arzuá coincidindo coa chegada da campaña de Nadal e coa feira quincenal, dous momentos destacados para o consumo e a actividade económica no municipio.


Durante esas tres xornadas, Arzúa converterase nun espazo de encontro e celebración, cunha programación chea de actividades, promocións especiais e animación de rúa,

pensadas para todos os públicos. O obxectivo é poñer en valor o tecido comercial e

hostaleiro local, fomentar o consumo de proximidade e premiar a fidelidade da

clientela.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o Concello fan un chamamento aos establecementos comerciais para que se

sumen á iniciativa, ofrecendo descontos, sorteos, vales de compra ou outras

promocións. Ademais, convidan a bares, restaurantes e cafeterías a participar na ruta

de tapas, unha proposta que permitirá dar a coñecer a riqueza gastronómica da

comarca e os seus produtos de calidade.


O Concello de Arzúa será o encargado de difundir o evento, elaborar cartelería, programas e material informativo coas propostas participantes, así como de organizar

as actividades paralelas que completarán o programa do Día do Comercio Local. Os establecementos interesados en participar poden inscribirse de balde na Área de

Comercio do Concello de Arzúa, chamando ao 655 947 196 ou escribindo a

info@turismoarzua.gal, antes do 7 de novembro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page