top of page

Arzúa finaliza a remodelación do Parque da Feira, que pasa a chamarse Parque Ana Kiro

A intervención do Concello, cofinanciada pola Deputación da Coruña, revitaliza un espazo estratéxico no corazón da vila e rende homenaxe á icónica cantante arzuá


Laura Moure/Arzúa

A concellería de Acción Urbana do Concello de Arzúa vén de rematar as obras de renovación integral do emblemático Parque da Feira, situado no corazón da vila, xusto ao carón do recinto onde se celebra a tradicional feira. Un espazo de encontro clave para a veciñanza, peregrinos e turistas que, a partir de agora, pasará a chamarse Parque Ana Kiro, en homenaxe á inesquecible cantante arzuá -da parroquia da Castañeda- e icona da cultura galega.

Este proxecto, cunha inversión total de 167.434 euros, foi posible grazas á colaboración institucional entre o Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña, que asumiu o 80 % do custo, mentres que o 20 % restante foi financiado con fondos municipais. A actuación responde ao compromiso do goberno local por revitalizar espazos públicos de gran uso e valor simbólico, creando contornas acolledoras, accesibles e integradoras para todas as

xeracións.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Parque Ana Kiro incorpora escaleiras renovadas, novo pavimento, zonas verdes ampliadas e mobiliario urbano moderno, pensado para o descanso e o encontro. Begoña Balado, concelleira de Turismo, Comercio e Obras no casco urbano, destaca que “con esta actuación reforzamos un espazo central, moi utilizado polos nosos veciños e veciñas, e tamén polos milleiros de peregrinos que nos visitan cada ano. Facémolo ademais cunha homenaxe merecida a Ana Kiro, unha muller que levou o nome de Arzúa con orgullo por todo o mundo”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O novo Parque Ana Kiro non só representa unha importante mellora do espazo público, senón tamén un recoñecemento á memoria colectiva e á identidade local. O Concello de Arzúa anima a toda a cidadanía a achegarse para coñecer e desfrutar dun espazo renovado que é un referente urbano e emocional da vila.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page