top of page

Arzúa dá pasos para reforzar a súa feira e impulsar a tradicional Feira do Capón

A concelleira de Turismo reuniuse co director xeral de Comercio e Consumo, que tamén visitou a feira, co fin de poñer en valor esta cita e integrala no circuíto galego de feiras


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa acolleu este luns unha reunión de traballo entre o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; a concelleira de Turismo, Begoña Balado; representantes da Policía Local e persoal técnico municipal. O encontro, solicitado pola concelleira, tivo como obxectivo poñer en valor a feira de Arzúa e avanzar en medidas para a súa revitalización, tanto a nivel comercial como turístico, integrándoa no circuito das feiras máis importantes de Galicia, que quere impulsar a Consellería de Emprego,

Comercio e Emigración co obxecto de poñelas de relevo pola súa dotación de produtos e servizos.

ree

A reunión serviu tamén para abordar o impulso da tradicional Feira do Capón, que se celebra o 22 de decembro. O Concello quere reforzar o seu atractivo como cita de referencia. Tras a xuntanza, o director xeral e a concelleira visitaron a feira quincenal do 8 de setembro, na compaña de membros da Asociación do Centro Comercial Aberto.


Gabriel Alén subliñou que esta visita enmárcase nunha das estratexias que teñen dentro da

Dirección Xeral de Comercio, que é “revitalizar, dinamizar e impulsar algo tan importante como son as feiras de Galicia”, e destacou “o seu papel fundamental de dinamización da vida económica e social das distintas localidades”. Engadiu que “as feiras precisan regulación, poñendo en valor a venda ambulante como apoio ao comercio local”.


O director xeral tamén lembrou que no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 se recollen accións para promover un circuíto de feiras na Comunidade. Neste marco, resaltou que “o obxectivo é continuar traballando para configurar un circuíto de feiras con estándares de calidade tanto en servizos como en organización, axudando a homoxeneizar as ordenanzas municipais para facilitar e dignificar o traballo dos autónomos ambulantes convertendo as súas vendas nunha forma de mercado de atracción ao comercio local das vilas e ciudades”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Begoña Balado, agradeceu a visita e destacou que “a feira de Arzúa é un punto estratéxico na comarca e unha das máis antigas de Galicia”. Subliñou que “a súa integración no circuíto das feiras máis importantes da Comunidade é fundamental para consolidala como referente en toda Galicia”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Balado apuntou tamén que a feira de Arzúa “é un motor económico e social para o noso municipio”. Destacou que a súa inclusión no circuíto que está a promover a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración “abrirá a porta a novas subvencións que permitirán reforzar esta cita, ampliar a súa proxección e consolidala como referente para o comercio e o turismo durante todo o ano”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page