Arzúa deu o pistoletazo de saída ao Entroido cun concurso de disfraces moi animado e participativo
- Laura Moure

- hace 31 minutos
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organizou este pasado sábado a actividade central da programación do seu Entroido. Así celebrou por todo o alto o Concurso de Disfraces que fixo á xente desfrutar dun certame moi concurrido tanto de concursantes como de público.

O Concello repartiu máis de 2.000 euros entre os gañadores do concurso, distribuidos en once premios. Na modalidade de comparsas resultaron gañadores “Elfas da flor eterna”, que chegados desde Santiago levaron o primeiro premio de 550 euros. A comparsa “A Primavera” de Guitiriz acadou o segundo dotado de 300 euros.
No apartado de grupos de entre dous e oito compoñentes, “Caralletas” de Narón alzouse co primeiro premio de 300 euros, “Deusas do Entroido” de Toques co segundo de 200 e “Érase unha vez…” de Santiago co terceiro, dotado de 120 euros.
Publicidade
Os disfraces individuais tamén se premiaron con 120 e 80 euros no apartado infantil e adulto. No primeiro resultou gañador o disfraz “A Dama dos 1823 corchos” vestido por Sabela de doce anos desde Santiago de Compostela e o segundo premio foi para “Pallaso Pop-Cor” de Martín de catro anos e participando tamén desde Santiago. No que respecta aos disfraces adultos, o gañador foi “Cigardelos” chegado desde Oroso e o segundo posto foi para “A cesteira” de Touro.
Un ano máis, o Concello incluíu no certame un premio especial denominado “Simpatía” que ía dirixido a un grupo ou comparsa local que non resultara premiado nas categorías anteriores. O grupo “Princesas” fíxose con este galardón.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

En total achegáronse a Arzúa preto de 200 participantes tanto de Arzúa como de outros concellos que fixeron desfrutar a un Multiusos Terra do Queixo que completou a súa capacidade.
O Concelleiro de Cultura, José Luís García, declarou estar “moi satisfeito polo alto nivel de participación e pola calidade dos disfraces” e ao mesmo tempo quixo agrader “a implicación de todos os concursantes, así como a asistencia do público e o labor do xurado”.
Publicidade
A programación do Entroido organizada polo Departamento de Cultura continuará esta semana coa actuación da Charanga Santa Compaña como apoio ao Xoves de Comadres organizado por Frela Entroideira e rematará o luns 16 coa Comida-baile no Centro Social de Maiores e cun gran baile de disfraces no que durante a tarde do martes 17 haberá inchables, obradoiros, chocolatada popular e a actuación musical do grupo JB Son.








Comentarios