top of page

Arzúa dará o nome de Xulio Vázquez Carril á Casa da Cultura o vindeiro 27 de xuño

A denominación oficial do edificio farase efectiva nun acto público de homenaxe que reunirá á familia, á veciñanza e ao tecido cultural de Galicia


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa fixo pública a data na que a Casa da Cultura pasará a denominarse oficialmente Casa da Cultura Xulio Vázquez Carril “O Gaiteiro de San Miguel”. O cambio farase efectivo o vindeiro 27 de xuño nun acto público de homenaxe co que o municipio quere recoñecer a traxectoria e o legado dunha das figuras máis destacadas da música tradicional galega.

Na presentación participaron familiares de Xulio Vázquez Carril, que acompañaron ao Concello no anuncio dunha xornada que combinará o acto institucional de denominación coa homenaxe a unha persoa que deixou unha fonda pegada na vida cultural de Arzúa, da comarca e de Galicia.


O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destacou que “poñerlle o nome de Xulio Vázquez Carril á Casa da Cultura é un acto de xustiza e de recoñecemento á súa figura”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“Xulio foi moito máis ca un gaiteiro, foi un veciño de Arzúa que levou o nome do noso Concello alá onde foi. Co seu traballo e talento artístico contribuíu a enriquecer non só a tradición musical de Arzúa, senón tamén a de toda Galiza”, sinalou.


Xulio Vázquez Carril foi unha figura amplamente recoñecida no ámbito da música tradicional. A súa presenza en romarías, festas, foliadas e encontros culturais converteuno nun músico querido e respectado dentro e fóra do concello.


Ao longo da súa vida contribuíu a manter viva unha parte esencial do patrimonio cultural galego, transmitindo coñecementos, repertorios e formas de entender a música popular que seguen presentes hoxe. O seu exemplo serviu tamén de inspiración para moitas das persoas hoxe son referentes da música tradicional.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A nova denominación da Casa da Cultura supón un recoñecemento institucional permanente á súa traxectoria e á súa achega á cultura galega. O acto do 27 de xuño incluirá o descubrimento da placa coa nova denominación do edificio e unha programación especial na que a música terá un papel central.


O Concello de Arzúa anima á veciñanza a participar nesta xornada, que servirá tanto para facer efectiva a nova denominación da Casa da Cultura como para render homenaxe a unha figura que forma parte da historia cultural do concello e da música tradicional galega.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page