top of page

Arzúa celebra o Día Mundial do Turismo cunha fin de semana de natureza, música e actividades

hace 4 minutos
3 min de lectura

A programación será o 26 e 27 de setembro e inclúe unha ruta pola Ermida da Mota, música na Praza da Vila e varias saídas do tren turístico


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa celebrará os vindeiros 26 e 27 de setembro o Día Mundial do Turismo cunha programación especial dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visiten o municipio durante esa fin de semana. Natureza, patrimonio, música e lecer danse a man nesta iniciativa, coa que o Concello pretende dar a coñecer a diversidade de recursos que ofrece o territorio e continuar reforzando a promoción de Arzúa como #DestinoVerde.

A programación comezará o sábado 26 ás 9:00 horas cunha nova proposta de Arzúa Camiña, nesta ocasión cunha ruta pola Ermida da Mota e a súa contorna. A actividade permitirá descubrir a pé un dos espazos naturais e patrimoniais do municipio, poñendo en valor a paisaxe e o patrimonio rural arzuán.


A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destaca que esta celebración "é unha oportunidade para amosar todo o que Arzúa pode ofrecer a quen nos visita, pero tamén para que a propia veciñanza redescubra o patrimonio, as paisaxes e os espazos que temos ao noso carón".


Balado sinala tamén que "Arzúa é internacionalmente coñecida pola súa vinculación co Camiño de Santiago, pero temos moito máis que ofrecer. Queremos que as persoas que chegan ao noso municipio atopen motivos para parar, coñecernos, quedar e volver".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A celebración continuará o sábado ás 20:00 horas na Praza da Vila coa actuación conxunta de Bieito Pereira coa Rondalla Moraima, incorporando a música e a cultura popular a unha xornada pensada para gozar de Arzúa e dos seus espazos públicos.


O domingo 27 será a quenda do tren turístico, que contará con catro saídas ao longo da

xornada, ás 11:00, 14:00, 16:00 e 19:00 horas. Unha proposta especialmente atractiva para o público familiar que permitirá percorrer e coñecer Arzúa dunha maneira diferente.

Desde a Concellería de Turismo considérase que a celebración do Día Mundial do Turismo

constitúe tamén unha oportunidade para seguir avanzando nun modelo turístico vinculado á natureza, á cultura, ao patrimonio e á identidade local, aproveitando a posición estratéxica de Arzúa no Camiño de Santiago e favorecendo ao mesmo tempo o coñecemento doutros recursos do municipio.


"A nosa aposta é por un turismo respectuoso co territorio, que contribúa a dinamizar Arzúa e a súa economía e que permita poñer en valor aquilo que nos identifica. Temos natureza,

patrimonio, gastronomía, cultura e unha situación privilexiada no Camiño; recursos que

debemos seguir dando a coñecer baixo a identidade de Arzúa #DestinoVerde", explica Begoña Balado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A concelleira anima finalmente "a toda a veciñanza de Arzúa e ás persoas que nos visiten esa fin de semana a participar nas actividades e a celebrar connosco o Día Mundial do Turismo. Preparamos unha programación para diferentes públicos e, sobre todo, para gozar e descubrir Arzúa".


Con esta iniciativa, a Concellería de Turismo súmase á celebración do Día Mundial do Turismo, que se conmemora internacionalmente cada 27 de setembro, convertendo a efeméride nun escaparate para promocionar os recursos turísticos, naturais e culturais do municipio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A programación está organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Arzúa e conta coa colaboración das entidades e iniciativas institucionais que participan na promoción turística e territorial e que figuran na campaña: Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027.


Desde a Concellería de Turismo agradécese a colaboración das institucións implicadas e o seu apoio ás iniciativas destinadas a promocionar Arzúa e reforzar o seu posicionamento como destino turístico verde, sostible e ligado á identidade de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page