top of page

Arzúa anima á veciñanza a vestir o municipio de branco e azul polo Día da Patria Galega

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa anima a toda a veciñanza a sumarse á celebración do Día da Patria Galega, que se conmemora o vindeiro 25 de xullo, facendo visible a bandeira de Galiza en fiestras, balcóns, fachadas ou vehículos.

Con este chamamento, o goberno municipal quere contribuír a que Arzúa se vista de branco e azul durante estes días e facer visible o orgullo de formar parte dun pobo cunha lingua, unha cultura e uns símbolos propios.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"O 25 de xullo é unha data para celebrar o que somos como pobo e para reivindicar con orgullo a nosa identidade. Queremos animar a toda a veciñanza a facer visible a bandeira galega e a encher Arzúa de branco e azul. Somos unha nación cunha historia, unha cultura e uns símbolos propios que forman parte da nosa memoria colectiva. Presumamos deles con orgullo!", sinala o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

As persoas que desexen unha bandeira de Galicia poderán recollela nas oficinas do Concello desde hoxe, 22 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00, ata esgotar existencias, e na Oficina  de Turismo na Casa de Correos en horario de 10:30 a 13:00 e de 15:30 a 18:00.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page