top of page

Arzúa adxudica por máis de 65.000 euros a mellora de tres pistas nas parroquias

Os traballos actuarán no Camiño de Pousada, no Camiño a Lema e no Camiño á Painza, con renovación do firme, melloras na drenaxe e reforzo da sinalización


Laura Moure/Arzúa

A última Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa adxudicou as obras para a mellora de tres pistas municipais nas parroquias, cun investimento total de 65.399,29 euros, IVE incluído.

Foto de arquivo doutra obra en Arzúa.
Foto de arquivo doutra obra en Arzúa.

As actuacións desenvolveranse no Camiño de Pousada, no Camiño a Lema e no Camiño á Painza, e teñen como finalidade mellorar o estado destas vías, facilitar a circulación diaria da veciñanza e reforzar a seguridade nos desprazamentos dentro das parroquias.

A intervención máis ampla realizarase no Camiño de Pousada, en Pantiñobre, onde se actuará sobre un treito de 480 metros de lonxitude. Neste punto renovarase o firme e realizaranse tamén traballos para mellorar a recollida da auga da chuvia, coa instalación de nova canalización, arquetas e elementos de drenaxe.


No Camiño a Lema, a obra afectará a un treito de 75 metros. Os traballos incluirán a renovación da capa de rodaxe, a reparación previa das zonas deterioradas, a limpeza de gabias e salvagabias e o pintado das liñas das marxes da vía.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A terceira actuación desenvolverase no Camiño á Painza, en Viladavil. Neste caso, mellorarase un treito de 130 metros e pavimentarase outro tramo de 190 metros con formigón. A obra completarase coa limpeza de gabias e salvagabias e coa colocación dun novo sinal de stop para reforzar a seguridade viaria.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta adxudicación, o Concello de Arzúa continúa avanzando na conservación e mellora das pistas das parroquias, unha rede viaria fundamental para a vida diaria da veciñanza, para o acceso ás vivendas e para a actividade económica e social do municipio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page