top of page

Arzúa adaptará unha das aulas da escola infantil para atender o aumento da matriculación de 0 a 1 anos

A actuación permitirá mellorar o servizo e dar resposta ao incremento da demanda rexistrada en Arzúa nestas idades


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, en colaboración co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, vén de anunciar a adaptación dunha das aulas da escola infantil co obxectivo de atender a actual demanda de matriculación de nenas e nenos de entre 0 e 1 ano. Nas novas matriculacións correspondentes ao segundo período do curso rexistrouse un incremento neste tramo de idade, o que fixo necesaria a adecuación dun novo espazo que permita ofrecer unha atención axeitada ás necesidades específicas do alumnado máis pequeno.


A actuación consistirá na adaptación dun dos espazos existentes ás características propias do alumnado de 0 a 1 anos. Entre as melloras previstas inclúese a renovación do chan, coa instalación de tarima de PVC para facilitar o gateo das crianzas, o pintado da aula e a colocación de stores que permitirán dividir o espazo e crear unha zona adecuada para o descanso.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Pola súa banda, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dotará a aula do equipamento necesario, como tapices, hamacas, berces e xoguetes, co fin de garantir que os máis pequenos poidan desfrutar dun entorno cómodo, seguro e adaptado á súa idade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Con motivo desta actuación, o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, achegouse xunto ao persoal técnico do Concello á escola infantil Galiña Azul para coñecer de primeira man as necesidades desta nova aula. Na reunión participaron tamén María Pena Souto, directora da escola infantil Galiña Azul de Arzúa, Luis Fole, arquitecto técnico do Concello, así como Carmen García Campelo, actual xerente de Escolas Infantís do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O alcalde de Arzúa sinalou que a conciliación debe entenderse como un dereito e unha responsabilidade das administracións públicas: “A conciliación é un dereito e as administracións públicas temos a responsabilidade de dar resposta ás necesidades reais da veciñanza. Esta adaptación permítenos seguir garantindo un servizo público axeitado desde as primeiras idades".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page