top of page

Arzúa acolleu este venres a presentación do XXI Circuíto Galego de Augas Abertas Arzúa-Ulloa DOP

A proba celebrarase o vindeiro 1 de xuño nas augas do encoro de Portodemouros


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa acolleu este venres a presentación oficial do XXI Circuíto Galego de Augas Abertas, organizado pola Federación Galega de Natación coa colaboración da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. O acto tivo lugar na Casa da Cultura e contou coa presenza do alcalde, Xoán Xesús Carril Ramos, que agradeceu á organización “a escolla de Arzúa como sede para o lanzamento dun circuíto que une deporte, natureza e identidade local”.

O alcalde aproveitou a súa intervención para poñer en valor Portodemouros, un espazo que definiu como “un enclave privilexiado que aspiramos a recuperar como referente deportivo, lúdico e ambiental da comarca”. Subliñou ademais a importancia de impulsar actividades que dinamicen a vida nos concellos do interior: “Estamos a falar dun evento que suma: promove hábitos saudables, dinamiza o comercio e a hostalaría e dálle visibilidade a un produto tan noso como o queixo Arzúa-Ulloa”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A proba celebrarase o vindeiro 1 de xuño nas augas do encoro de Portodemouros, convertendo novamente este espazo nun punto de encontro para deportistas, veciñanza e visitantes.


O acto rematou cunha degustación de queixos da DOP Arzúa-Ulloa, como símbolo das potencialidades do evento e das colaboracións entre institucións públicas, entidades deportivas e o sector agroalimentario: unha fusión entre deporte e gastronomía que pon en valor hábitos saudábeis, turismo responsable e sostible, promoción económica e cultura.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page