top of page

Arzúa acolle hoxe unha nova sesión do programa de animación á lectura O Xardín dos Contos

O espectáculo que se levará a cabo será As mil e unha a cargo da contadora Vero Rilo


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural do verán, unha nova sesión do programa de animación á lectura O Xardín dos Contos cun contacontos hoxe, xoves, 30 de xullo, dirixido a público infantil e familiar.

O espectáculo que se levará a cabo será As mil e unha a cargo da contadora Vero Rilo a partir das 19:30 horas no Xardín da Casa de Correos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As mil e unha é a nova sesión da narradora oral Vero Rilo na que, acompañada polo músico Luis Iglesias, achega un espectáculo de narración oral e música para público familiar co gallo das Letras Galegas 2026 como unha oportuna maneira de achegarse un chisco máis ao legado da admirada Begoña Caamaño.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Vero Rilo é narradora oral e educadora infantil. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida e outras lerias para todo tipo de público. A música está moi presente nos seus traballos. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Esta función terá unha duración de 50 minutos e está recomendada para nenas e nenos a partir dos 4 anos. A sesión restante levarase a cabo o xoves 3 de setembro. A entrada é libre e de balde a todas elas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page