top of page

Arzúa abre o prazo de inscrición para a edición de primavera do servizo municipal Arzúa +Concilia

O programa desenvolverase nas instalacións do CEIP de Arzúa os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa abrirá hoxe, martes 10 de marzo, o prazo de inscrición para participar na edición de primavera do programa municipal de conciliación Arzúa +Concilia, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante os períodos non lectivos. As inscricións poderán realizarse ata o 20 de marzo a través da sede electrónica do Concello ou no rexistro municipal. O programa desenvolverase nas instalacións do CEIP de Arzúa os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril, coincidindo co período de vacacións escolares de Semana Santa. Está dirixido a crianzas nadas entre os anos 2013 e 2022.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O horario ordinario da actividade será de 10:00 a 14:00 horas, aínda que tamén se habilitarán horarios ampliados para facilitar a organización das familias. Así, establécense opcións de entrada ás 08:30, 09:00 e 09:30 horas, así como un horario ampliado de saída ás 14:30 horas.


O prezo do servizo será de 8 euros por crianza para o conxunto da quenda. O programa Arzúa +Concilia forma parte das iniciativas municipais orientadas a apoiar ás familias e promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, ofrecendo ás crianzas un espazo seguro de convivencia, xogo e actividades durante os períodos non lectivos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

As persoas interesadas poden consultar as bases e descargar o formulario de inscrición na web municipal arzua.gal



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page