Arzúa leva a súa riqueza gastronómica, cultural e natural á Feira Abanca Semana Verde de Silleda
- Laura Moure
- 28 may 2024
- 2 Min. de lectura
A concellería de Turismo de Arzúa, encabezada por Begoña Balado, organizou unha serie de actividades e degustacións para atraer aos milleiros de visitantes
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa prepárase para ter unha destacada presenza na Feira Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará en Silleda do 30 de maio ao 2 de xuño. Arzúa contará cun stand propio para promocionar os seus recursos turísticos,

A concellería de Turismo de Arzúa, encabezada por Begoña Balado, organizou unha serie de actividades e degustacións para atraer aos milleiros de visitantes. Entre os produtos estrela que se poderán degustar no stand arzuán están os queixos de Queixería Barral e Galmesán, así como os doces de Mamá Teresa, que presentará os seus famosos produtos de Santa María en Ribadiso. Ademais, Casa Donicio de Pantiñobre tamén estarn presente, ofrecendo unha mostra da rica da gastronomía local.
Durante a feira, o Concello de Arzúa promocionará os seus encantos paisaxísticos, gastronómicos e natureza, accesible a través dun código QR que dá acceso a unha web,
dispoñible en galego, castelán e inglés, deseñada para facilitar toda a información detallada sobre os recursos turísticos da terra do queixo. Esta ferramenta dixital inclúe fotografías e mapas interactivos actaulizados que permitirán aos potenciais turistas explorar e descubrir as múltiples ofertas que Arzúa ten para ofrecer, desde o seu patrimonio cultural e monumental ata as súas rutas naturais vinculadas ao Camiño de Santiago, e outras que descorren por sendas agochadas polo interior do municipio que amosan a súa beleza e encanto natural.
Publicidade
Balado destaca a importancia da presenza na Feira Abanca Semana Verde de Silleda como o punto de arranque dunha ambiciosa campaña de promoción turística de Arzúa. "Esta participación dá continuidade a unha serie de accións que estamos levando a cabo desde a Concellería e que nos levarán a estar presentes en feiras e salóns profesionais tanto nacionais como internacionais. Queremos mostrar todo o que Arzúa pode ofrecer e atraer a máis turistas á nosa localidade".
Os visitantes do stand de Arzúa na Semana Verde poderán gozar dun completo programa de actividades que inclúe o xoves 30 de maio a presentación dos produtos de Verbas pola mañá e da Efa Piñeiral pola tarde, onde os estudantes de graos de repostería participarán no evento, contribuíndo coas súas habilidades e mostrando o talento local. Na xornada do venres 31 de maio haberá degustacións de Queixería Barral e Mamá Teresa pola mañá, e de Galmesán durante a tarde. O sábado 1 de xuño será Casa Donicio que ofreza os seus produtos en horario de mañá.
Publicidade
A concelleira de Turismo expresa o seu máis sincero agradecemento a todas as empresas e entidades que participarán de maneira activa nos catro días de feria. “Grazas á vosa
colaboración e esforzo, e a calidade de todos os produtos, esta edición será un éxito rotundo”, afirma Balado.
A participación de Arzúa na feira de Silleda é unha mostra do compromiso do concello
coa promoción da súa riqueza cultural e gastronómica. A edil de Turismo enfatiza que, ademais de atraer visitantes, a intención é fortalecer o sector primario e destacar a importancia dos produtos locais. A presenza de Arzúa na Semana Verde de Silleda promete ser un éxito e un impulso significativo para o turismo no municipio.
Comments