Arzúa acolle este sábado, 1 de abril, a X Festa da Gaita
Durante esta xornada festiva terá lugar unha homenaxe a Treixadura
Laura Moure/Antas de Ulla

A gaita será a gran protagonista este sábado en Arzúa xa que se celebra a X Festa da Gaita, organizada pola Asociación Festa da Gaita Galega, en colaboración co Concello de Arzúa e Arzugráfica. A actividade festiva inclúe unha alborada, unha homenaxe moi especial e como non, Cantos de Taberna.
A xornada arrancará ás 11:00 horas coa alborada e un cuarto de hora despois terá lugar a repción dos grupos. Ás 12:30 horas comezará a homenaxe a Treixadura, unha formación que destaca pola súa brillante traxectoria. Ás 13:45 horas arrancará o pasacalle amenizado polos grupos dos Cantos de Taberna. Ás 15:30 horas será a comida de confraternidade, para que era preciso sacar as entradas, cuxo prazo para retiralas acababa hoxe, xoves. E ás sete da tarde empezarán os Cantos de Taberna polos bares da vila. (Horarios e lugares liñas máis abaixo).
Os horarios e lugares dos Cantos de Taberna na imaxe:
