Arrinca o día 30 en Arzúa a programación Encontros culturais de inverno 2026
- Laura Moure

- hace 9 minutos
- 2 Min. de lectura
Comezará cunha sesión de cine clásico
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa aposta por dar continuidade por segundo ano consecutivo á programación Encontros culturais de inverno estreada no pasado ano para dinamizar os primeiros meses de ano como un lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades.

Esta edición comezará o vindeiro venres, 30 de xaneiro, cunha sesión de cine clásico coa proxección de Con faldas y a lo loco na Casa de Correos ás 20:30 horas. Haberá presentación do filme a cargo dun experto en cinema e degustación de chocolate quente e doces variados. Será necesaria inscrición previa no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodarzua.com dende mañá mércores día 28. Cada persoa poderá reservar a un máximo 4 prazas, sendo as mesmas limitadas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A cinta, do ano 1959, conta con Marilyn Monroe, Jack Lemmon e Tony Curtis no reparto e narra como en plena época da Lei Seca Joe e Jerry, dous músicos do montón que se ven obrigados a fuxir despois de ser testemuñas dun axuste de contas entre dúas bandas rivais, deciden vestirse de mulleres e tocar en nunha orquestra femenina por non atopar traballo.
Publicidade
A programación contará tamén con novas sesións de As parroquias contan con actuacións de Celso Fernández Sanmartín e chocolatadas en Dombodán o 6 de febreiro e en Vilantime o 13 de marzo. Incluirá as presentacións dos libros Historias de muiños e muiñeiros/as no cerne de Galicia de Montserrat Varela Vázquez e Illa de sangue de Carmen V. Valiña, e tamén conmemorará o Día da Narración Oral, o 20 de marzo, cunha función infantil na Biblioteca Municipal, entre outras actividades.
Publicidade
O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a participar nestes encontros pensados para que a veciñanza comparta a través da cultura experiencias e tempo de socialización durante os escuros e fríos días de inverno”.








Comentarios