top of page
Foto del escritorecosdacomarca

"Arrancamos a lexislatura apostando polo asentamento de dous grandes proxectos privados en Palas"

O alcalde palense destaca as iniciativas de Bioflytech e Jim Sports para xerar emprego neste municipio


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei inicia a lexislatura 2023-2027, na que o PP volveu gañar por maioría absoluta, con máis de 28 millóns de euros comprometidos de inversión privada, tal e como informou este martes o ente local a través das súas redes sociais.

O alcalde, Pablo Taboada, salienta que “entre o proxecto de Bioflytech, con 22 millóns de euros de inversión privada e unha capacidade de xerar 50 postos de emprego directos e 75 indirectos, será unha das grandes apostas do equipo de goberno para dinamizar a economía no medio rural e situará a Palas de Rei no liderado na produción mundial de proteína e graxa para a fabricación de piensos de alimentación animal. Este proxecto sumado ó operador aduaneiro autorizado que promove o grupo Jim Sports, no parque empresarial palense, centrarán os primeiros meses de goberno nesta lexislatura”.


Así mesmo, o mandatario destaca, que é “básico o asentamento destes proxectos estratéxicos e innovadores para xerar riqueza no medio rural, suporán unha importante revitalización do texido industrial e a conseguinte dinamimización e transformación da economía en Palas de Rei. Ambos, son un empurrón necesario para xeración de novos postos de emprego de calidade e cualificados no rural”.



0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page