Arranca a obra de mellora do vial LU-P 2901 que discorre por San Xorxe de Augas Santas e Ferreira
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Arrancan as obras de rexeneración da LU-P 2901, que significan a mellora de preto de catro quilómetros do vial provincial, que discorren polas parroquias de San Xorxe de Auga Santas e Ferreira, e que supoñen unha inversión de 200.000 euros na súa execución.

O alcalde, Pablo Taboada, visitou o inicio das actuacións e rasaltou a importancia das mesmas, xa que como manifesta o rexedor “dá servizo á parroquia máis poboada do municipio, con preto de 300 habitantes, así como, a outras da zona norte do municipio como: Ferreira, Merlán e San Vicente da Ulloa”.
Este tramo da estrada a executar, serve de nexo de conexión da LU-P-2901 coa estrada autonómica LU 231 que, actualmente, tamén está en execución de obras de mellora.