top of page

Arias destaca o apoio da Xunta para potenciar o xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O delegado territorial da Xunta en Lugo participou en Castroverde na presentación dunha guía que promociona os principais atractivos turísticos dese territorio


Ecos da Comarca/A Ulloa

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou onte o apoio do Goberno galego para potenciar o Xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa, que abrangue os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei, O Páramo, Rábade, Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.

Arias participou en Castroverde na presentación dunha guía elaborada polo Xeodestino para promocionar os seus recursos e atractivos turísticos. Tamén propón un itinerario de catro días para coñecer os principais puntos de interese dos dez municipios. A guía está dispoñible na páxina web da entidade.


O delegado salientou que o apoio da Xunta “permite aos Xeodestinos promover iniciativas e proxectos que poñen en valor o seu territorio de xeito conxunto e axudan a diversificar a oferta turística”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Explicou que o Goberno galego, a través da Axencia de Turismo de Galicia, acaba de asinar un novo convenio coa agrupación da Comarca de Lugo – Terras da Ulloa para colaborar nas súas accións promocionais, como a organización de rutas turísticas, a participación na feira internacional de turismo FITUR, a divulgación de festas e eventos e outras iniciativas para potenciar turisticamente este territorio.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page