top of page

Arden tres vehículos en Ames nun aparcadoiro aberto sen causar danos persoais

Ecos da Comarca/Xeral

As lapas comezaron no vehículo que estaba aparcado no medio e propagáronse aos dous vehículos dos laterais. 

Incendio onte en Ames. Fonte: Protección Civil de Ames
Incendio onte en Ames. Fonte: Protección Civil de Ames

Ao fío das 22:00 horas de onte, varios particulares chamaban ao 112 Galicia para informar dun lume nun coche  que estaba aparcado nun aparcadoiro aberto, situado pola parte de atrás do centro médico, na Travesía Del Pedregal, en Ortoño, no concello de Ames. 

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos membros do GES de Brión, aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Igualmente, foron informados os Bombeiros de Santiago. 

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así, unha vez no punto, os Bombeiros de Santa Comba indicaron que as lapas xa foran extinguidas polo GES de Brión, que confirmaron que arderan os tres coches na súa totalidade comezando o lume  no do medio e estendéndose aos dos laterais.  

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page