Arde unha casa turística
- ecosdacomarca

- 23 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Afortunadamente neste suceso, non houbo que lamentar persoas afectadas. A vivenda estaba ocupada por unha única muller, que resultou ilesa.
Foi precisamente a única inquilina, unha muller de fala inglesa, quen, sobre as doce e media desta pasada noite chamou ao 112 Galicia para indicar que se atopaba nunha casa vacacional no concello lucense de O Saviñao, en Bexán, en Diomondi. Aseguraba que a casa ardía por completo pero que ela estaba ben, non precisaba asistencia sanitaria.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso de inmediato aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil, aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén participou na extinción o persoal do servizo provincial de incendios.
Publicidade
Finalmente, os Bombeiros confirmaron que ardeu por completo una adega pequena que fora restaurada para vivenda turística. Colapsou o tellado, pero, por fortuna, a muller resultou ilesa.
Publicidade








Comentarios