Arde unha casa no municipio de Antas de Ulla
- ecosdacomarca
- 24 dic 2021
- 1 Min. de lectura
O suceso tivo lugar na parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Unha vivenda do municipio de Antas de Ulla viuse afectada esta tarde por un incendio. O Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE) 112 de Galicia foi alertado ás 17:48 horas. A casa está situada na rúa San Patricio, na parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante, tal e como informa o 112 Galicia.
Un particular alertou ao 112 indicando que dunha casa saía moito fume do seu interior, pero que na vivenda non había persoas.
O 112 Galicia mobilizou aos bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil. Cómpre sinalar que informou igualmente aos efectivos de Protección Civil de Palas de Rei e aos membros do Distrito Forestal da zona, por se fose necesaria a súa colaboración.
.
"Afectou a unha vivenda e á zona colindante. O alcalde, Javier Vatela, trasladouse ata o lugar e puxose a disposición dos afectados. Por sorte non hai que lamentar danos persoais", informa o Concello de Antas de Ulla.
Ás sete da tarde, os equipos de intervención traballaban aínda na extinción do lume e confirmaron ao 112 que, malia a que as lapas consumen toda a casa, o incendio está controlado.

Comentarios