top of page

Arde un contedor de mercadorías empregado como taller

Ecos da Comarca/Xeral

O suceso ocorreu no lugar dos Muíños, en Moraime (Muxía).


Os Bombeiros traballaron durante varias horas para atallar as lapas, que queimaron un contedor empregado a modo de taller no que se almacenaban ferramentas, material de reparación para vehículos e combustible.

O 112 Galicia tivo constancia deste incendio minutos antes das 19 horas do domingo, e foron os propios donos da parcela na que se atopaba o habitáculo os que deron aviso e confirmaron que non había persoas afectadas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

No operativo colaboraron os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Muxía.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page