top of page

Aprobado o convenio dos GES de Cervo, Folgoso do Courel, Quiroga, Friol, Monterroso e A Pontenova

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/A Ulloa

Aprobado un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as Deputacións provinciais para o financiamento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) durante os anos 2025, 2026 e 2027.

“Este convenio representa un compromiso sólido para garantir o funcionamento e a eficacia destes grupos, que realizan unha labor fundamental na xestión de emerxencias e a protección da cidadanía”, valorou García Porto, quen sinalou que por parte da Deputación Provincial, achegaranse 640.000 euros destinados aos GES da nosa provincia, que están situados en Cervo, Folgoso do Courel, Quiroga, Friol, Monterroso e A Pontenova.


Publicidade  

Pola súa banda, os concellos no seu conxunto achegarán 120.000 euros. O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2025 e estará vixente ata finais de 2027, ofrecendo unha planificación estable e recursos adecuados para reforzar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia en todo o territorio.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A voceira socialista e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, sinala “que con este acordo, seguimos traballando para fortalecer a coordinación entre as distintas administracións públicas e mellorar os servizos aos que ten dereito a cidadanía, especialmente en momentos difíciles como adoitan ser nos que actúan os GES”.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page