top of page

Aparece sen vida o veciño de Oleiros que estaba en paradoiro descoñecido dende o pasado día 30

Ecos da Comarca/Xeral

Aparece sen vida o veciño de Oleiros en proceso de busca desde o pasado 30 de decembro. A localización produciuse logo dunha operación coordinada pola Garda Civil e na que colaboraron os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega.


Os datos recompilados polos axentes de seguridade nos últimos días foron fundamentais para dar co señor. O corpo sen vida do veciño da Rúa Díaz Baliño, en Oleiros, atopouse tras unha inspección cos drons da Axencia Galega de Emerxencias, que visualizaron o cadáver nunha vía paralela á AG13 este mediodía.

Este foi o resultado dunha investigación realizada pola Garda Civil, que, desde o pasado 30 de decembro, estaba na procura do veciño de Oleiros.


Cómpre lembrar que os técnicos da AXEGA xa colaboraron antes nesta busca mediante o uso de drons e tecnoloxía especializada, pois o teléfono do señor aínda daba sinal. Mesmo foi posible a comunicación, pero o home non era quen de realizar a chamada ao 112, que podería ofrecer a localización máis exacta.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Todos os intentos finalizaron sen éxito. Non obstante, recentemente, a Garda Civil obtivo novos datos sobre a posible localización do señor e hoxe volvéronse empregar os drons da Axega para afinar a busca. 

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O operación deu resultados, pois foi localizado o señor. Lamentablemente, xa sen vida.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page