top of page

Aparece o cadáver dun home durante a extinción dun incendio nun cuberto na Baña

Ecos da Comarca/Xeral

Os Bombeiros de Santa Comba atoparon o cadáver dun home cando comezaban coas labores de extinción dun incendio, que preto das catro desta madrugada inicouse nun cuberto anexo a unha vivenda situada no Sino, no concello coruñés da Baña.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Segundo explicaron os veciños a través das súas chamadas ao 112 Galicia, nesa casa habitaban unha nai co seu fillo. A señora estaba fóra da vivenda, pero non así o fillo, que aínda non fora localizado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Máis tarde, o equipo de extinción atopou o corpo sen vida dun home no interior do cuberto en chamas. O lume queimou todo o interior, onde aínda gardaban maquinaria propia da carpintaría que un día foi. Ademais, colapsou o teito sen que a vivenda lindeira sufrise danos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A maiores dos bombeiros, desde o 112 Galicia, solicitouse a asistencia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois a muller necesitou axuda médica. Tamén acudiron os axentes da Garda Civil. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page