top of page

Aparece en Trazo o coche roubado esta madrugada en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Aparece o Seat León roubado esta madrugada no casco urbano de Monterroso.

Foi o propio dono do vehículo o que nos informou da boa nova minutos antes das 23:00 horas deste xoves. O coche foi localizado no municipio de Trazo (A Coruña), no lugar de Oa, na parroquia de Xavestres.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"Hai que facerlle algunha cousa, pero podía estar peor", sinala o propietario.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, aproveita para agradecerlle a todas as persoas que axudaron a difundilo. "E tamén moitas gracias a vós por publicalo, sen toda esta xente que se moveu estou seguro que non se atoparía tan rápido", sinala.







Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page