top of page

Antas de Ulla será protagonista na Volta a España Feminina, sendo unha das metas

A cita será do 3 ao 9 de maio


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, asistiu á presentación oficial da Volta a España Feminina en representación deste municipio que será meta dunha das etapas desta importante proba ciclista. "Un evento deportivo de primeiro nivel que situará a Antas de Ulla no mapa do ciclismo internacional e que supón unha gran oportunidade para dar a coñecer o noso concello, a nosa xente e o noso territorio.  Desde o Concello animamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse e vivir esta gran festa do deporte, apoiando ás ciclistas e desfrutando dun día histórico para Antas de Ulla".

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e co secretario xeral para o Deporte, Roberto García, na presentación da cuarta edición de La Vuelta Femenina by Carrefour.es, que comezará o domingo 3 de maio ata o 9 dese mesmo mes con Galicia como gran protagonista. Ao acto asistiu tamén a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. 

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Durante a presentación de La Vuelta Femenina, Diego Calvo destacou a forte tradición ciclista de Galicia e a celebración de probas consolidadas no calendario como La Vuelta e O Gran Camiño. Ademais de recordar que a nosa comunidade conta con algúns dos mellores equipos elite e sub-23 de España, salientou o crecemento do ciclismo feminino nos últimos anos.


Diego Calvo subliñou tamén o compromiso da Xunta coa promoción do deporte feminino e coa incorporación das nenas ao deporte a través do programa Xogade, que ofrece seguro deportivo gratuíto ata os 16 anos e permitiu avanzar cara á paridade entre nenas e nenos á hora de practicar deporte.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Por último, destacou o impacto internacional da proba e a súa capacidade para proxectar Galicia como destino turístico, xa que cada etapa se converte nun escaparate para amosar a beleza das paraxes galegas e impulsar a marca Galicia Calidade. Nestes sentido, recordou que a comunidade é un escenario excepcional para a práctica do cicloturismo, con numerosas rutas de distinto nivel de dificultade aptas para todo tipo de públicos.


La Vuelta Femenina by Carrefour.es volve á Galicia logo de acoller en 2021 a Ceratizit Challenge by La Vuelta, antecedente da actual rolda que, con catro etapas, se disputou daquela integramente na nosa comunidade.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page