top of page

Antas de Ulla presenta alegacións ao proxecto de Altri e manifesta "a súa preocupación polo impacto"

“As alegacións baseanse nos potenciais efectos de inmisións na contorna e os seus efectos sobre a saúde humana, os ecosistemas e as producións agrícolas e gandeiras”, explica a alcaldesa



Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla presentou este martes alegacións ante á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia polo proxecto de Altri en Palas de Rei, amosando a súa “preocupación polos potenciais impactos no noso municipio das posibles emisións de gases e partículas a atmósfera”. “As alegacións baseanse nos potenciais efectos de inmisións na contorna e os seus efectos sobre a saúde humana, os ecosistemas e as producións agrícolas e gandeiras”, explica a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.

En concreto, o Concello expresa a súa preocupación polos potenciais impactos das posibles emisións de gases e partículas a atmósfera, e das potenciais inmisións asociadas, proveñentes da actividade produtiva da prevista factoría de Greenfiber sobre os terreos e augas de Antas de Ulla, “que poidan ter incidencia directa ou indirecta sobre a saúde humana, ecosistemas e masas forestais, así como as producións agrícolas e gandeiras, tanto en réxime convencional como ecolóxico”.


A composición de gases potencialmente contaminantes e dañinos e a existencia de partículas e aerosoles, “vai depender dos axentes químicos que se utilicen no proceso produtivo, das condicións de operación dos distintos procesos (presión, temperatura, pH, catalizadores, procesos químicos, bioquímicos ou biolóxicos) así como das medidas correctoras, e das condicions de evacuación dos gases a atmósfera”.


Publicidade

Por todo isto, o Concello de Antas de Ulla solicita da Autoridade Ambiental competente que dictamine con precisión “se o proceso de fabricación presentado polo promotor, en todas as súas fases e etapas, está conforme coas disposicións da UE sobre o obrigado uso das Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD)”. En concreto se a implementación no proxecto das MTD cubre o deseño e planificación ambiental; tecnoloxías de control de emisións; xestión eficiente de recursos, e boas prácticas de operación e mantemento.


Ademais, o Concello de Antas de Ulla demanda se “á vista do proxecto presentado e da análise exhaustiva do proceso produtivo, e das medidas correctoras presentes no proxecto, se pode garantir que as emisións de compostos a atmósfera previstas en proxecto, non superan o máximo esixido pola normativa ambiental sectorial e xeral”. O concello fai referencia tamén “a se a autoridade ambiental garante que o deseño da chimena propostos pola empresa cumpre coa normativa á hora de garantir unha axeitada evacuación das mases de gases e partículas que saen a atmósfera”.


Publicidade

Por ultimo, o concello pregunta “se está previsto en proxecto un sistema de seguimento ambiental, suficientemente fiable, robusto, e baixo acceso e control de organismos independentes ou entidades de certificación, que permita rexistrar e almacenar os datos de emisións de compostos en tempo real”.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page