Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Este domingo tivo lugar na Casa da Cultura de Antas de Ulla a entrega de premios dos Certames de narración e debuxo das Letras Galegas 2023. Participaron Andrea Santiso e María Patao, membros do xurado, Alberto Galego, concelleiro de Cultura, xunto coa bibliotecaria, Teresa Batán.
"Tamén desfrutamos dunha xornada de 'Contos contos pola igualdade' moi fermosos e entretidos. Parabéns a todos e todas os gañadores e grazas por vir", sinalou o Concello.
Os gañadores no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/antas-d%C3%A1-a-co%C3%B1ecer-aos-ga%C3%B1adores-do-certame-de-narraci%C3%B3n-e-debuxo-infantil-letras-galegas-2023
Comentarios