Antas de Ulla acolleu unha conferencia divulgativa sobre a eclipe solar
- ecosdacomarca

- 3 jul
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, saudou aos veciños e veciñas que participaron onte na conferencia divulgativa sobre a eclipse solar que tivo lugar na Casa da Cultura deste concello.
PUBLICIDADE
A astrofísica María Fernández impartiu esta xornada, que se enmarca dentro do ciclo de charlas organizadas pola institución provincial para informar á cidadanía sobre este fenómeno astronómico.
PUBLICIDADE
García Porto recordou que “as conferencias son gratuítas e de acceso libre ata completar o aforo” e avanzou que esta mesma tarde será a astrofísica Lucía González quen ofrecerá unha segunda xornada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. A programación rematará mañá venres coas últimas charlas en Quiroga e Sarria.








Comentarios