Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Antas aproba o Proxecto de Orzamento Xeral para 2021 no que prima o gasto social e os investimentos

As contas ascenden a 2.541.271 euros e destinan unha partida de 15.000 euros a axudas á hostalería e comercio

O equipo de goberno do Concello de Antas de Ulla someteu hoxe a aprobación inicial o Proxecto do Orzamento Xeral para o exercicio económico 2021, que ascende a 2.541.271 euros. As contas para 2021 presentan unha serie de liñas básicas, entre as que se atopan os servizos sociais, cuxo gasto en persoal suporá 550.000 euros. As axudas de emerxencia social reciben 12.000 euros; as axudas á hostalería e comercio, 15.000 euros; 2.500 euros irán destinados a axudas para estudantes, mentres que o persoal de atención

temperá recibe 90.000 euros.


O gasto corrente derivado da situación sanitaria suporá 100.000 euros, aos que se suman 90.000 para persoal Covid-19, o persoal específico para a realización de tarefas relacionadas coa necesidade de previr e conter o avance da pandemia, tales como

limpeza e desinfección.


A estas partidas engádense 57.000 euros para Aprol Rural, 28.000 euros para o programa Depuemprego e 50.000 euros para as brigadas de loita contra incendios.


Cultura e Deporte

O goberno local destina 100.000 euros para Cultura e 157.000 euros para Deporte, unha partida na que se inclúen obras de mellora no polideportivo por importe de 122.921 euros. No exercicio do ano 2021 prevese unha amortización de débeda de 85.000 euros.


Investimentos

En canto aos investimentos, destínanse 60.233 euros á mellora do firme na estrada de Vilapoupre, Montecelos, San Fiz e Vilasión (2020-2021, incluída a anualidade 2021). Tamén se fará a mellora do firme na estrada de Alvidrón a San Martiño (2021-2022) por importe de 74.866 euros.


A maiores, a pavimentación en Frádegas, Santa María, Casadenaia e Aboi recibe 29.847 euros; as melloras no firme de estradas en Castro de Amarante, San Martiño de Vilapoupre e Arcos supoñen 25.699 euros; a mellora do firme no Rial, 21.052 euros e a mellora do firme en Timós 12.899 euros.


As contas aprobadas hoxe recollen 48.300 euros para melloras en locais sociais, así como a mellora de instalacións deportivas, coa rehabilitación da cuberta e fachada do polideportivo por un importe de 122.921 euros.


Tamén se levará a cabo a humanización e substitución de servizos da Rúa General Portomeñe, actuación á que se destinan 87.267 euros. O abastecemento de augas en Caldeas suporá 22.988,22 euros. Faranse melloras en vías públicas e abastecemento por un total de 40.000 euros e expropiacións por importe de 3.875 euros.


Do total do orzamento resérvanse 27.000 euros para acometer diversas melloras no Centro de Saúde, no colexio, na Casa da Cultura, na Casa do Concello, iluminación e monitorización de depósitos.


A proposta de orzamentos saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno e o voto en contra dos grupos da oposición, tal e como informa o Concello.



32 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE