top of page

Ana Varela presenta en Arzúa a súa primeira novela

A cita será hoxe


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa levando a cabo os actos da segunda edición da programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno que está a ofertar cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades. Esta programación contará hoxe, venres, día 6 de marzo, cun acto de presentación do libro Runrún de Ana Varela, que relata como tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación.

Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida e ver os seus afectos, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan e de como todo pode virar nun momento.


Ana Varela é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. En 2017 gañou o XXI Certame de Poesía Francisco Añón co seu primeiro libro, Asombrario, e en 2019 o VI Premio Gonzalo López Abente co poemario Onde nacen as hedras. Algúns dos seus poemas tamén viron a luz na revista Dorna. Runrún é a súa primeira novela.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Esta obra será presentada nun acto aberto ao público organizado a través do Club de Lectura Municipal Arzúa Le e conducido polo seu coordinador, José Manuel Pampín. Dará comezo ás 20:00 h. na Capela da Madanela.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima a asistir a esta presentación “para seguir demostrando que no noso municipio a lectura segue a gozar de boa saúde, en parte grazas ao impulso dende a área de Cultura de actividades de dinamización lectora como presentacións literarias, contacontos ou a creación e xestión do club de lectura”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page