Ana Mosteiro, concelleira de Meide: "Arranxo da parroquial de Melide, si!"
- ecosdacomarca
- hace 7 horas
- 3 Min. de lectura
Escribe un artigo sobre as actuacións de mellora da igrexa de San Pedro desta localidade
Ecos da Comarca/Melide
Compartimos este artigo enviado pola 2ª TTe de Alcaldesa de Melide e Portavoz do BNG no concello de Melide, Ana Mosteiro, sobre o arranxo da igrexa de San Pedro de Melide.
Arranxo da parroquial de Melide, si!
"O vindeiro día 7 de outubro o pleno do concello de Melide vai debater unha moción sobre o necesario e urxente arranxo da igrexa parroquial. O camiño percorrido principiou no momento no que a C. de Cultura da Xunta de Galiza fixo pública a adxudicación da obra cofinanciada“ pola Unión Europea nun 60 %”, que persegue corrixir os problemas estruturais e de humidades que veñen de vello. Porén, coido preciso aclarar a opinión pública melidá, os camiños que se transitaron até chegarmos a este punto e o posicionamento das forzas políticas con representación municipal.

A Consellaría de Cultura actuou sen, previamente, consultar e/ou informar ao goberno de Melide, nin ás distintas institucións civís interesadas no tema, nomeadamente ao Museo da Terra de Melide. Queremos, sinceramente, crer que non hai ?? nesa actitude un xeito sectario do exercicio do poder: non sodes do meu partido, ignórovos. Máis ben parece que aplicou aquilo do “Ancién réxime”: “ todo para o pobo, pero sen o pobo” e , por outra parte, reflicte unha visión autoritaria e antidemocrática ao non contar coa opinión da sociedade civil e, asemade, desprezar a autonomía municipal. Este xeito de actuar esixe explicacións por parte do Conselleiro José López Campos.
Temos, por outra banda que a solución técnica presentada pola consellaría, recibiu unha resposta argumentada, por parte do Museo “Terra de Melide”, con criterios históricos, técnicos e económicos na que expresaba que o “revocado das paredes exteriores da igrexa e posterior caleado de branco... suporá a posteriori un intenso traballo de mantemento para mantelas en bo estado, solucionando repintados, desconchados da pintura, proliferación de liques... sen ficar claro quen será a entidade responsábel dese
mantemento.
A consellaría é coñecedora da proposta alternativa, non entanto, a esta altura descoñecemos unha resposta oficial aos considerandos expresados.
PUBLICIDADE

O BNG recolleu como propio o posicionamento do Museo e, desde o primeiro momento, propúxolles as distintas forzas políticas unha moción unitaria co obxectivo de presentar ante a Consellaría unha posición común apoiada polo Pleno do Concello. Entendemos que non pode acontecer o mesmo que coa ponte medieval de Furelos ou co Convento dos P.Pasionistas.
Pois ben,AM, o BNG e o PSOE asumimos a urxencia e necesidade dese pronunciamento unitario sen ningún tipo de dúbidas. O PP deixou no ar a súa posición afirmando que sempre estaría enmarcada “en criterios técnicos” tal como lle expresou ó Alcalde o día 10 de setembro a portavoz do PP Dalia García. No sei se quixo dar a entender se os “criterios técnicos e históricos” do Museo non son tal. Probablemente os seus criterios obedecen á falta de compromiso coa veciñanza e o patrimonio histórico de Melide por parte do PP.
Mágoa...!
PUBLICIDADE
Aínda estamos a tempo de asumir TODOS E TODAS o convite realizado polo Museo : “debemos traballar nunhas mesmas coordenadas para evitar un novo atropelo para co Patrimonio Cultural que forma parte do acervo do noso pobo”.
Velaí o reto.
AM, PSOE e BNG asumímolo.
O PP ... aínda está a tempo o vindeiro día 7 de outubro".
Ana Mosteiro, 2ª TTe de Alcaldesa, concelleira de Cultura e Portavoz do BNG de Melide
Comentarios