Ana María Santiso e Andrés Cendán gañan a XX Carreira Popular do Pino
- Laura Moure

- 22 sept 2025
- 2 min de lectura
Jesús Sainz, Miguel García e Bruno Gomes foron os mellores atletas do Pino, e Cristina Carril, Ana María Fandiño e Carmen Castro, as mellores locais
Laura Moure/O Pino
Ana María Santiso Prado e Andrés Cendán Lloréns foron este domingo os gañadores absolutos da Carreira Pedestre Popular do Pino, unha proba na que participaron máis de 380 atletas de todas as idades. Os máis veteranos foron José Pantín, do Atletismo Narón (79 anos) e Elvira Tresguerras, do C.A. Sar (73 anos).
Andrés Cendán Lloréns foi o dominador absoluto da vixésima edición da Carreira Pedestre Popular do Pino, que encabezou dende os primeiros metros e rematou nun tempo de 27.05
minutos, seguido de Alberto Mariño Rial (27.34) e Alberto Riveiro Lampón (27.50).

Na categoría feminina, Ana María Santiso rematou os 8 quilómetros en 31.39 minutos, tres
menos que asegunda clasificada, Ana Tarrío Martínez (34.46). A terceira foi Ana Martínez
(35.51).
En canto aos mellores atletas do Pino na categoría absoluta, recolleron o seu recoñecemento Jesús Fernando Sainz (29.40), Miguel García Duro (33.15) e Bruno Manuel
Gomes (33.21) en categoría masculina, e Cristina Carril (39.19), Aba María Fandiño (47.10)
e Carmen Castro (47.41).
PUBLICIDADE
O Club Atletismo O Pino foi o que aportou un maior número de atletas na proba, e quedou
segundo en categoría feminina, por detrás da SD Compostela. En categoría masculina o
podio estivo copado polo Club Triatlon Compostela, o C.A. Sar e a SD Compostela.
Nesta vixésima edición participaron máis de 380 atletas de todas as idades, dende rapazada menor de 6 anos ata os máis veteranos, que nesta ocasión foron José Pantín
López, do Atletismo Narón, que rematou a proba en 55.46 minutos aos seus 79 anos. En
mulleres, Elvira Tresguerras foi outra vez a participante máis veterana. Con 73 anos
rematou a proba en pouco máis dunha hora, 1.02.15.
PUBLICIDADE
A Carreira Popular do Pino forma parte do XI Circuito de carreiras populares da Deputación
da Coruña. Na entrega de premios e para dar a saída das diferentes probas participaron o alcalde, Manuel Taboada, os concelleiros Borja Castro (que correu na 8K), José Fuentes e Eva Varela.
As clasificacións pódense consultar na web carreirasgalegas.com








Comentarios