top of page

Amarai, en Arzúa, abre as súas portas con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Dende o 1 ao 5 de decembro reciben no seu Centro de Recursos ao alumnado de distintas idades dende infantil ata persoas maiores


Laura Moure/Arzúa

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), a Asociación Amarai abre as súas portas e organiza xornadas inclusivas que se levarán a cabo durante a primeira semana de decembro. Varios centros educativos e sociais coñecen e participan na labor diaria do centro de recursos de Amarai, co obxectivo de fomentar a sensibilización, o respecto e a inclusión, promovendo o coñecemento das capacidades deste colectivo e o valor da diversidade.

ree

Realizaranse diversas actividades, xogos e talleres enriquecedores coa poboación de diferentes idades: infantil, primaria, adolescencia e maiores.


Onte, 1 de decembro, achegouse o alumnado de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto que coñeceu o testimonio de vida dunha persoa que sufriu unhe lesión medular.


Hoxem martes día 2, achegaranse os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Toques, cos cales se levará a cabo un contacontos e os talleres “Explorando cos sentidos” e “Xogos sen barreiras”.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O día propio das persoas con discapacidade, 3 de decembro, será o turno de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro que realizarán actividades de “Ponte no meu lugar” e un taller de macramé impartido polas persoas usuarias do centro. Ao mesmo tempo, haberá un punto de información e sensibilización no Supermercado Eroski de Arzúa durante toda a mañá. Tamén se darán a coñecer os gañadores do II Concurso de Debuxos organizado por Amarai: Como sería para ti un mundo inclusivo?


O xoves 4, achegaranse os alumnos e alumnas de primeiro da ESO do IES de Curtis co testimonio de vida e talleres inclusivos de marquetería, tamén impartidos polos usuarios.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Finalmente, o venres día 5, será o turno das persoas maiores do Local Social de Boimorto e da Casa do Maior Boa Vista de O Pino. Farase un encontro interxeracional con intercambio de experiencias de vida.


Amarai busca potenciar a inclusión e lembra que é cuestión de levala á práctica diariamente, non é só unha data marcada no calendario.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page