top of page

Amarai celebra o XV Aniversario de apertura do seu Centro de Recursos en Boimorto cunha romaría

A cita será o 18 de abril e actuará Pili Pampín


Laura Moure/Boimorto

A Asociación Amarai (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide) celebra este ano o 15 aniversario da apertura do seu Centro de Recursos en Boimorto cunha gran Romería popular, A Romería das Sementes, aberta a toda a veciñanza e á contorna. A festa terá lugar o sábado 18 de abril no Campo do Rosario, en Boimorto, e promete converterse nunha xornada de convivencia, música e celebración para todas as idades.

Desde a súa posta en marcha, o Centro de Recursos de Amarai en Boimorto converteuse nun referente de apoio, atención e acompañamento, desenvolvendo un importante labor

social ao longo destes quince anos. Para conmemorar esta traxectoria, a entidade organiza

unha festa pensada para compartir, agradecer e seguir construíndo comunidade.


A programación arrancará cunha sesión vermú protagonizada pola gran Pili Pampín, unha

das voces máis queridas da música popular galega. Tras a actuación, celebrarase o xantar

popular, seguido dunha animada sobremesa amenizada polos Santiaguiños de Boimorto.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A festa continuará pola tarde cun “tardeo” a cargo do recoñecido grupo A Banda da

Balbina, que poñerá ritmo e baile a unha xornada que se agarda multitudinaria.


O evento contará con servizo de bar, carpa, colchoneta para os cativos e un bo feixe de

sorpresas que se irán desvelando nos vindeiros días, garantindo así unha experiencia

completa para familias e grupos de amigos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Os tickets para participar no xantar están á venta dende onte, luns 16 de marzo, en distintos comercios dos concellos limítrofes. Dende a Asociación Amarai animan a toda

a cidadanía a sumarse a esta celebración tan especial, que pretende ser un punto de

encontro para recoñecer o camiño percorrido e mirar ao futuro con ilusión compartida.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page