top of page

Alfredo López Mosquera despídese do Concello de Silleda despois de 40 anos de dedicación

hace 8 horas
2 min de lectura

O funcionario municipal, que comezou a traballar no Concello en 1986, inicia unha nova etapa despois de catro décadas de compromiso e profesionalidade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda despideu onte a Alfredo López Mosquera, que vén de xubilarse despois de 40 anos de servizo como funcionario municipal. Catro décadas de traballo e dedicación nas que Alfredo se converteu nun rostro familiar para moitas xeracións de veciños e veciñas, especialmente para as persoas usuarias do Centro Cultural Vista Alegre.

A súa traxectoria profesional comezou no ano 1986 e estivo estreitamente vinculada ao ámbito cultural do municipio. O Centro Cultural Vista Alegre foi o seu principal lugar de traballo, especialmente dende que o histórico edificio foi restaurado e abriu as súas portas como equipamento cultural municipal.


Pero ao longo destes anos Alfredo tamén desenvolveu o seu labor noutras instalacións municipais, como as piscinas da Bandeira e diferentes dependencias culturais, demostrando sempre unha permanente disposición para botar unha man alí onde fixese falta. Precisamente, esa vontade de colaborar, a súa cercanía, e a súa implicación, así

como a súa labor na custodia de documentos, e outros materiais de distintos colectivos culturais son algunhas das calidades que destacan da súa traxectoria.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Cultura e Persoal, Mónica González Conde, trasladáronlle onte, en nome de toda a Corporación municipal e da veciñanza, o seu agradecemento polos anos de servizo e os mellores desexos para esta nova etapa.


"Son 40 anos formando parte da vida deste Concello, 40 anos de traballo, de compromiso e de estar sempre disposto a colaborar. Persoas como Alfredo forman parte tamén da historia cotiá de Silleda, desa que se constrúe día a día, moitas veces de maneira discreta, pero que resulta imprescindible", sinalan dende o goberno municipal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dende o Concello quérese recoñecer non só a súa longa traxectoria profesional, senón tamén a súa boa disposición ao longo de todos estes anos. "Alfredo deixa atrás unha etapa laboral, pero leva consigo o cariño e o recoñecemento de toda unha vila. Agora tócalle gozar do tempo libre, da familia e de todo aquilo para o que durante tantos anos houbo menos tempo. Desexámoslle de corazón unha moi feliz e merecida xubilación".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page