top of page

Alessandro Sabella, concelleiro do municipio italiano de Pistoia, visita Boente, en Arzúa

27 jun
2 min de lectura

Foi recibido pola presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Begoña Balado Conde, acompañada dos Alcaldes e representantes do Camiño Francés en Galicia

Laura Moure/Arzúa

A presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Begoña Balado Conde, acompañada dos Alcaldes e representantes do Camiño Francés en Galicia, recibiron a Alessandro Sabella, concelleiro do municipio italiano de Pistoia, en Boente, Arzúa.

Precisamente aquí é onde se prantou un dos 11 cipreses, regalo do municipio italiano, que viaxaron dende a Toscana para ocupar o seu sitio en cada un dos concellos que integran a Mancomunidade. Xunto a cada unha destas árbores, instalouse unha placa que recolle o vínculo entre o Camiño de Santiago en Italia e o Camiño de Santiago Francés.


Acompañando a Alessandro Sabella, atopábase tamén Mario Menici, peregrino de Pistoia que fai o Camiño Francés a cabalo dende hai 28 anos. "É unha honra para nós, contar cun peregrino que ano tras ano, elixe a nosa ruta para peregrinar a Santiago", comenta Begoña Balado.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este acto, enmárcase dentro das relacións culturais e turísticas que a Mancomunidade ten con Italia, en concreto con Pistoia, o chamado Santiago Italiano, posto que é dende o ano 1145, custodio da única reliquia oficialmente recoñecida do Apóstolo Santiago, fóra de Santiago de Compostela.


No evento, ó que tamén acudiu o director do Xacobeo, D. Ildefonso de la Campa, a Presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado, reiterou a vontade da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés de seguir establecendo lazos de relación e amizade permanente con Italia, neste caso, a través do municipio de Pistoia, un dos países do que cada ano nos visitan unha alta porcentaxe de peregrinos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Pola súa parte, Alessandro Sabella, manifestou que no ano 2027, voltaría a Galicia para facer unha nova colaboración coa Mancomunidade do Camiño Francés, dado que esta ruta segue a ser a preferida dos italianos que peregrinan a Santiago.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page