Mentres das comarcas, non recibirán esta subvención porque non acadaron a puntuación mínima necesaria, Arzúa, Dozón, Palas de Rei, Rodeiro, Touro e Vila de Cruces
Laura Moure/Xeral
A Xunta de Galicia concederá axudas a medio centenar de concellos para mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras nas súas edificacións, instalacións, equipamentos ou espazos públicos. A relación de beneficiarios desta nova liña de subvencións, que conta cun orzamento global de máis de 2 millóns de euros, publicouse onte no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entre eles das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e a Ulloa resultaron beneficiados Agolada, Antas de Ulla, Boimorto e Santiso. Todos recibirán unha axuda que supera os 48.000 euros.
Publicidade
Mentres das comarcas, non recibirán esta subvención porque non acadaron a puntuación mínima necesaria, Arzúa, Dozón, Palas de Rei, Rodeiro, Touro e Vila de Cruces.
Esta orde de achegas está dirixida a concellos e a mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes. Subvencionase un único proxecto por entidade local e o importe da axuda poderá ser de ata o 80% do seu custo, cun límite máximo de 48.400 euros. Con estes fondos financiaranse actuacións que os concellos executen desde o 1 de xaneiro ao 5 de decembro deste ano 2023.
Publicidade
O 100% desta orde de axudas son con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea a través do programa NextGenerationUE.
Pode consultarse máis información no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231114/AnuncioG0657-071123-0001_gl.html
Comments