top of page

Aedeza inicia as accións formativas do novo PIE con 68 mulleres e 32 homes participantes

O perfil da metade dos/as usuarios/as corresponde a mulleres desempregadas e menores de 30 anos con baixa cualificación


Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (Aedeza) comezou a impartir en días pasados as primeiras accións formativas do Programa Integrado de Emprego (PIE) 2023/24, do que se benefician 100 participantes procedentes da Comarca de Deza (68 mulleres e 32 homes) e que está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego estatal (SEPE).

A actividade docente deste novo PIE arrancou con talleres para reforzar as actitudes e

aptitudes necesarias para afrontar o proceso de busca de emprego: “Motivación na busca

de emprego” e “Mellora das habilidades persoais na busca de emprego”, así como cunha

formación inicial sobre o funcionamento da Axenda Dixital AEDEZA 23/24.


Publicidade

Actualmente, estase a impartir a primeira formación incluída no catálogo do SEPE, que

ofreceralle aos/ás participantes nocións fundamentais sobre como afrontar as entrevistas

de selección de persoal. Os seguintes cursos, que se impartirán durante os meses de

febreiro e marzo, serán sobre o manexo de carretiñas elevadoras, Prevención de Riscos

Laborais de nivel básico, Office, Excel e talleres sobre redes sociais e lexislación laboral.


Publicidade

Entre os/as 100 participantes deste novo PIE 23/24, o perfil maioritario é o de mulleres

desempregadas (32), seguido dos menores de 30 anos de idade con baixa cualificación

(22), maiores de 45 anos (16), persoas en risco de exclusión social (15), menores de 30

anos cualificados (11), persoas con algunha discapacidade (4) e desempregados de longa

duración (2).



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page