top of page

Activado o Plan de Emerxencias debido ao accidente dun camión de transporte de mercadoría perigosa

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia vén de activar o Plan de Emerxencia pola saída de vía dun camión de transporte de mercadoría perigosa en Cal da Ortiga, Serixas, As Somozas. A posición inestable do vehículo, xunto cunha pequena perda da carga que intentan controlar os equipos de emerxencias, así como a proximidade de regatos e vivendas obrigou a activar o Plan de Emerxencias por accidente de transporte de mercadoría perigosa implicado (Transgal).


Ao abeiro deste Plan, coordínanse as distintas intervencións dos recursos de emerxencias, que estudan a maneira de retirar vehículo e carga coa menor repercusión para a contorna e a veciñanza.

De momento, a perda que observan os efectivos é pequena sen poder precisar aínda a súa procedencia, se da carga, se do vehículo. En calquera caso, o obxectivo que perseguen é a protección dos regatos e vivendas do redor, xa que a carga, de confirmarse a súa natureza, podería ser perxudicial. 


En concreto, o camión transportaba 24 bultos cheos de substancias diversas, que podería resultar tóxicas. De todos os xeitos, os equipos de emerxencias buscan a maneira de correr os menos riscos posibles, de aí, a activación do Plan Transgal e a coordinación das distintas actuacións para garantir a protección.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En canto aos medios e recursos mobilizados, atópanse os Bombeiros do Eume, GES de Ortigueira, Garda Civil de Tráfico, persoal de empresa especializada no tratamento de residuos tóxicos, técnicos da Axencia Galega de Emerxencias e da Consellería do Medio Ambiente e Territorio e efectivos do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias.


Cómpre indicar que o accidente do camión produciuse pouco antes das dez desta mañá. Sen embargo, o camioneiro sinalou que a carga estaba en bo estado e el non precisaba asistencia médica. Foi á chegada dos Bombeiros do Eume, que, tras as comprobacións, observaron unha pequena vertedura aínda sen poder precisar a procedencia.

Con todo, recoméndase á poboación evitar aproximarse á zona e seguir as indicacións das autoridades. 

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

ACTUALIZACIÓN: Os Bombeiros do Eume confirman que a carga é pequena e está controlada. Sen embargo, continuarán no lugar para garantir que non haxa verteduras durante a retirada do vehículo.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page