top of page

Activada para esta tarde a alerta laranxa por treboadas e chuvias na comarca da Ulloa

Poden ir acompañadas por sarabia grande


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Xunta activou para esta tarde, deste 24 de xuño, a alerta laranxa por treboadas e chuvias no centro e sur de Lugo, polo que afectaría tamén a Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, é dicir, á comarca da Ulloa.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.


Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa activarase a media tarde por chuvias e treboadas que poden ir acompañadas por sarabia grande.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page