Aberto o prazo para solicitar prazas no programa de termalismo da Xunta para persoas maiores
- Laura Moure
- 19 jun
- 2 Min. de lectura
Esta iniciativa conta con 1.276 prazas para estadías en diferentes balnearios galegos
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través do Departamento de Benestar Social, informa da apertura do prazo para solicitar prazas no programa de Termalismo Social da Xunta de Galicia, dirixido a persoas maiores. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de xuño, ofrece 1.276 prazas para estadías en diferentes balnearios galegos entre o 15 de xullo e o 31 de decembro de 2025.

O prazo para presentar solicitudes abrangue do 17 de xuño ao 16 de xullo, en réxime de concurrencia competitiva. As estadías teñen unha duración de 10 días e 9 noites, en réxime de ensión completa, e desenvolveranse en quendas en diversos establecementos da Comunidade Autónoma.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
Ter 60 anos ou máis, ou ben ter 55 anos e ser pensionista (por xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións do sistema da Seguridade Social).
Estar empadroadas en Galicia e residir de forma efectiva na Comunidade Autónoma.
Valerse por si mesmas para as actividades da vida diaria.
Non padecer alteracións do comportamento nin enfermidades transmisibles que poidan dificultar a convivencia ou participación no programa.
Non ter contraindicación médica para recibir tratamentos termais.
Cumprir co baremo establecido e cos requisitos da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
Publicidade
As persoas solicitantes poderán ir acompañadas pola súa parella, por un fillo ou filla con discapacidade (sempre que cumpra os requisitos), ou por outra persoa que tamén cumpra os criterios da convocatoria.
Publicidade
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Benestar Social, ou contactar no teléfono 986 592 037.
Comentários