top of page

Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Festa do Queixo de Arzúa 2026

Laura Moure/Arzúa

Despois dunha 50ª Festa do Queixo inesquecible, que pasará á historia como a máis multitudinaria e exitosa ata o momento, o Concello de Arzúa abríu o pasado martes, 9 de decembro, o prazo de inscrición para os expositores interesados en participar no recinto feiral “Terra do Queixo” na próxima edición do 2026. Durante a edición celebrada o pasado marzo, máis de 50.000 persoas visitaron Arzúa, consolidando o evento como unha das citas gastronómicas e culturais máis importantes de Galicia. A acollida foi tan extraordinaria que moitos postos de queixo e do novo espazo gourmet esgotaron existencias xa o sábado, e a zona de artesanía viviu tamén un éxito sen precedentes.

O alcalde de Arzúa, Xesús Carril, destacou que este novo proceso de inscrición “é

o primeiro paso para seguir facendo historia”: “O que vivimos na 50ª Festa do Queixo foi extraordinario. A resposta do público, o éxito das queixerías, da artesanía e da música deixaron claro que a festa está máis viva ca nunca. Agora abrimos un novo capítulo coa

edición 2026, coa mesma ilusión e co obxectivo de seguir medrando e ofrecendo un evento de referencia en Galiza.”


O prazo que xa está aberto vai dirixido aos expositores que desexen reservar espazo dentro do recinto feiral. Nas próximas semanas anunciarase a apertura de inscrición para os postos exteriores, que completan cada ano a ampla oferta comercial, gastronómica e artesanal da festa.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A organización lembra que a pasada edición contou con máis de 80 queixerías e 125 solicitudes, un récord absoluto que motivou a ampliación do espazo expositivo. A previsión para 2026 é manter ese nivel de participación e continuar reforzando o carácter aberto e colaborativo do evento.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A Festa do Queixo 2026 celebrarase o 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, e nas próximas semanas o Concello anunciará novas actividades, a programación musical e outras novidades que acompañarán a esta nova edición.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page