Abertas as inscricións para a I Marcha Cicloturista BTT Concello de Palas de Rei
- ecosdacomarca

- hace 3 minutos
- 1 Min. de lectura
A cita será o 11 de abril
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O municipio de Palas de Rei acollerá o vindeiro 11 de abril a celebración da I Marcha Cicloturista BTT Concello de Palas de Rei, unha iniciativa dirixida aos amantes da bicicleta de montaña e da natureza.

A proba contará con dúas distancias, pensadas para adaptarse a diferentes niveis de preparación: un percorrido curto de 35 quilómetros e outro longo de 61 quilómetros. Deste xeito, tanto ciclistas afeccionados como participantes con maior experiencia poderán gozar dunha xornada deportiva nun ambiente de compañeirismo.
Publicidade
Ao longo do itinerario haberá puntos de avituallamento para os participantes e, ademais, a organización entregará agasallos a todos os inscritos.
A marcha permitirá descubrir camiños e paisaxes do entorno natural do municipio, ofrecendo unha experiencia que combina deporte, natureza e convivencia.
PUBLICIDADE
A organización anima a todas as persoas afeccionadas á BTT a participar nesta primeira edición, que aspira a consolidarse como unha nova cita deportiva no calendario local.
As inscricións xa están abertas a través da páxina web habilitada para a proba https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/i-marcha-cicloturista-btt-concello-palas-de-rei








Comentarios