A XXVII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei será entre o 20 de agosto e o 5 de setembro
- ecosdacomarca

- hace 6 minutos
- 4 min de lectura
Contará coa participación de compañías procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Illas Baleares e Cataluña
Laura Moure/Palas de Rei
A XXVII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei, no Camiño de Santiago foi presentada onte no Salón de Plenos do Concello de Palas de Rei polo alcalde, Pablo Taboada Camoira; o concelleiro de cultura, Rodrigo González Penas; Divi Agra Soengas, do Departamento de cultura, a responsable do apartado de Produción, Ana María García Negro; e o director de Metátese Teatro, Óscar Varela Casal e o director de Alentía Teatro, Afonso García Penas.
A XXVII edición da Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago, contará coa participación de compañías procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Illas Baleares e Cataluña, nun programa que se desenvolverá entre os días 20 de agosto e 5 de setembro en diferentes espazos do municipio.

O programa desta edición queda como segue:
PRIMEIRA SEMANA
XOVES, 20 AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei. OBRA: MODO AVIÓN
VENRES, 21 DE AGOSTO.
GRUPO: Grupo de Teatro El Cioyo, de Castropol (Asturies)
OBRA: Fendo amigos.
SÁBADO, 22 AGOSTO.
GRUPO: Invencible Teatro, Escuela de teatro.
OBRA: Verano en diciembre.
DOMINGO, 23 AGOSTO.
GRUPO: Tela Marinera (Cantabria)
OBRA: El inconveniente. Esta actuación está subvencionada pola Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FETEAGAL) e pola CONFEDERACIÓN DE TEATRO AMATEUR: ESCENAMATEUR .
PUBLICIDADE
SEGUNDA SEMANA
XOVES, 27 DE AGOSTO.
GRUPO: Oreteiro Teatro.
OBRA: Muros Rotos. Esta actuación está subvencionada pola Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FETEAGAL).
VENRES, 28 DE AGOSTO.
GRUPO: ALENTÍA TEATRO. OBRA: Historias para andar e contar. Entrega do IX PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL que se outourga á SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL.
SÁBADO, 29 DE AGOSTO.
GRUPO: Ses Garbo girls
OBRA: Menorca poética!
DOMINGO, 30 DE AGOSTO.
GRUPO: Q Teatre, de Mataró.
OBRA: La dona que va cridar tant que es va buidar. Esta actuación está subvencionada pola Federació de Grups Amateurs de Teatre de Catalunya.
TERCEIRA SEMANA
MÉRCORES, 2 DE SETEMBRO.
GRUPO: AVE FÉNIX, da CASA DE CASTELA-A MANCHA da CORUÑA.
OBRA: El muerto vive.
XOVES, 3 DE SETEMBRO.
GRUPOS: LOIA PRODUCIÓNS e Clase de 4º CEIP DE PALAS DE REI.
OBRAS: A boneca de trapo e O raposo grande e malo. A función de LOIA PRODUCIÓNS está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.
VENRES, 4 DE SETEMBRO.
GRUPO: INMA SOTO.
OBRA: Xela, a superheroína de aldea.
SÁBADO, 5 DE SETEMBRO.
GRUPO: XV SON D’ALDEA OBRA: Os caseiros.
Entrega de: XXVI PREMIO MÁCARA: María Mera Constenla.
XXI PREMIO CAREÓN: Xurxo Souto.
PUBLICIDADE
Todas as funcións terán lugar ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a de Inma Soto, o venres 4 de setembro, que se celebrará ás 20:30 horas no Parladoiro de Arqueixal, na aldea de Santiago de Albá; e a do sábado 5 de setembro, que terá lugar ás 10:00 horas e consistirá nun roteiro teatral polas corrupias, bouzas e soutos da aldea de San Miguel de Coence.
Pola súa parte, a actuación de Ses Garbo Girls terá lugar na igrexa románica de Vilar de Donas o sábado 29 de agosto, tamén ás 20:00 horas. O sábado, 5 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o XXI Premio Careón ao escritor, músico e locutor XURXO SOUTO. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXVI Premio Mácara a MARÍA MERA CONSTENLA pola súa traxectoria profesional como actriz.
O venres, 28 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o IX PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL, dotado con 1.000 euros e figura que se outorgará á SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL.
Este premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA TEATRO E METÁTESE TEATRO.
PUBLICIDADE
Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma pasaron xa máis de trescentas compañías do teatro amador galego e máis de corenta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...
METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación Teatral Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación na actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.
A XXVII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago, está organizada por Metátese Teatro e pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas, “Os Lobos”. Metátese Teatro encárgase, ademais, da Dirección Artística e Técnica da Mostra. A celebración conta co apoio do Concello de Palas de Rei e coa colaboración de diferentes institucións e entidades do ámbito cultural, entre elas a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FETEAGAL), Escenamateur, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Federació de Grups Amateurs de Teatre de Catalunya, que contribúen ao desenvolvemento da programación e á participación das distintas compañías.









Comentarios